RESPONSABILIDADE SOBRE A INFORMACIÓN
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser difundidos formalmente en calquera publicación oficial. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, Abada Xestión Cultural, S.L. non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Así mesmo, Abada Xestión Cultural, S.L. reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Abada Xestión Cultural, S.L. non se fai responsable dos danos e perdas que puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
Abada Xestión Cultural, S.L. non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai ou faga referencia na web.POLITICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), que ten por obxecto garantir e protexer, no que respecta ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámolos de que:
1. Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietario, o responsable destes ficheiros é Abada Xestión Cultural, S.L.
2. Abada Xestión Cultural, S.L. conta coa autorización expresa para a publicación destes datos. Así mesmo, garante a seguridade dos mesmos co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento e acceso non autorizado. Para iso adoptáronse as medidas técnicas e organizativas necesarias.
3. O interesado poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderá realizase a través do correo info@abada.es. Tamén poden exercitarse estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.PROPIEDADE INTELECTUAL
Abada Xestión Cultural, S.L. é propietario deste dominio de internet, ao igual que dos dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos.
Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos de Abada Xestión Cultural, S.L..REPRODUCIÓN DE CONTIDOS
A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.CONTAS DE CORREO
Abada Xestión Cultural, S.L. non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.TERMOS DE USO
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
Está prohibida a copia, distribución ou uso separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan, dos gráficos, iconas, logotipos e imaxes dispoñibles neste sitio web.
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade, agás que exista algunha función especificamente comercial inherente a algún servizo da páxina.
O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.