Carlos Blanco (Galiza) e Manecas Costa (Guinea) unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde a negritude e o humor se dan a man.
Partindo de tópicos tipo "como os vemos" ou "como nos ven", "como veñen e como viven entre nós", Humor neghro une razas e culturas.
A lusofonía figura aquí como nexo de unión entre un humorista galego e un cantor centro-africano.
Unha cultura común, a linguaxe e un xeito propio de mirar a vida.
Africanízate é a versión "reducida" de Humor neghro, especialmente adaptada para viaxar.