Na primavera do 2005 naceu o dúo BellónMaceiras, gaita galega e acordeón, co fin de interpretar melodías de diferentes culturas pero tamén temas da súa propia autoría, priorizando sempre a variedade que define as múltiples posibilidades dos dous instrumentos.
Daniel Bellón, nacido en 1985, posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional galega, sendo hoxe o gaiteiro máis laureado da historia de Galiza, que percorre o mundo impartindo clases de gaita.
Diego Maceiras, nacido en 1984, acordeonista iniciado da man do Mestre Manuel Cociña pero tamén de Roberto Grandal ou Javier Díaz, segue coa súa formación no conservatorio de música de A Coruña.
Despois de tocar por todo o mundo, pasando por Nova Iorque, Xenebra, Varsovia ou Lorient, onde xa son moi asíduos, este dúo de virtuosos presenta agora unha formación en quinteto, BellónMaceiras quinteto, con contrabaixo, batería, guitarra e saxo: sen dúbida, savia nova para a música galega.
O disco do quinteto, Folkfusión, presentouse en maio do 2010.
BellónMaceiras quinteto no Youtube