Este Trío trata de conxugar o jazz universal coa paisaxe galega e a influencia que esta ten no músico, na súa sensibilidade e na proxección á hora de tocar.
Kin García ten un único disco en Trío: O lobo morde a man.
Kin García (baixo) lidera este trío, logo de moitas valiosas colaboracións con Alberto Conde, Jesús Pimentel, Fernando Llorca, Tom guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Uxía, Dulce Pontes, Marcos Teira, Espíritu 986, Capercaillie, José Afonso, Filipa Pais, Susana Seivane, Nani García, Carmen Rey e Berrogüetto
Andrés Rivas (batería) é o motor percusivo deste Trío.
Gabriel Evens (piano) gravou o disco e toca no trío sempre que a súa axenda llo permita.
Kin García Trío en myspace música