logo
mes anterior
Xullo 2010
mes seguinte
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Axenda

Os Nosos Artistas

Batuko Tabanka

Música de Cabo Verde

imaxe

Fía na roca

A renovación do folk

imaxe

Bagad Kemper - Bretaña

Música de Bretaña

imaxe

bOnOvO

Folk electro-acústico

imaxe

Les Trompettes du Mozambique - Bretaña

Música de Bretaña

imaxe

20Hatz - Euskadi

Música de Euskal Herria

imaxe

Carlos Blanco - Só

Comedia, monólogos, teatro

imaxe

BellónMaceiras Quinteto

Folk fusión

imaxe

Kin García Trío

Jazz paisaxístico galego

imaxe

Nordestin@s

A canción que mira ao norte

imaxe

Artistas

volver

Batuko Tabanka

Estilo: Música de Cabo Verde

Hoxe son doce, dispostas en abano, batendo con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko. O trebón percusivo medra e reflúe periodicamente, acompañando cánticos entre os que se colan risos e desafíos. De cando en vez, no medio dunha canción, unha delas sae ao centro da escena, amarrando un xersei ou unha camisa ao cinto e danza mostrando toda a forza do movemento africano, salseando diversidade cultural dende o medio do atlántico. O bruído rebelde de Batuko Tabanka dura tres cuartos de hora: tempo suficiente para poñer a "pel de galiña" a quen escoite estas batukadas, coladeiras, mornas... mesturadas co salseiro cantábrico que aporta Galiza.

Unha proposta que reflicte a mensaxe máis positiva das migracións: o respecto e o diálogo, que poderiamos resumir en dúas palabras: SABI, SABI!!!

Antonina de Cangas, Antonina de San Cibrao, Ivone, Fafá, Beba, Isabel, Dezidéria, Ilda, Mariazinha, Chuca, Belita e Santinha, chámanse entre si polo seu nomezinho, algo que non é nin o seu nome civil nin un alcume senón o seu propio pasaporte mundial.

Tabanka é unha asociación que se fundou hai xa tempo co obxectivo de dignificar a cultura cabo-verdiana, lembrar a procedencia da nai África en todos os expoñentes culturais posíbeis, e a súa música é algún dos múltiples presentes que nos brindan estas polifacéticas mulleres.

Batuko Tabanka en Youtube

Batuko Tabanka en myspace musica

Vindeiras Actuacións

Contacto