logo
mes anterior
Setembro 2010
mes seguinte
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      
Axenda

Os Nosos Artistas

bOnOvO

Folk electro-acústico

imaxe

Les Trompettes du Mozambique - Bretaña

Música de Bretaña

imaxe

20Hatz - Euskadi

Música de Euskal Herria

imaxe

Carlos Blanco - Só

Comedia, monólogos, teatro

imaxe

BellónMaceiras Quinteto

Folk fusión

imaxe

Kin García Trío

Jazz paisaxístico galego

imaxe

Nordestin@s

A canción que mira ao norte

imaxe

Batuko Tabanka

Música de Cabo Verde

imaxe

Fía na roca

A renovación do folk

imaxe

Bagad Kemper - Bretaña

Música de Bretaña

imaxe

Servizos

volver

Obxectivos

En abada temos o compromiso de optimizar todos os recursos dispoñibles ao noso alcance para exportar a música galega aos novos mercados.

O propósito é o de avalar profesionalmente e potenciar un sector en alza. A nosa meta é a de realizar programacións culturais de categoría e xestionar de forma integral eventos de nivel e calidade.

Asesoría

Ofrecemos ao músico un amplio abano de opcións para exercer a súa actividade de forma profesional, asesorándoo en procesos alleos á creatividade musical, pero importantísimos para desenvolver o seu traballo e en definitiva "compoñer" un produto máis competente e máis profesional.

En Abada estamos, en todo momento, á enteira disposición dos nosos clientes para solucionar calquera tipo de dúbida ou problemática que se lle presente. Cun propósito claro: poñer sempre en alza os recursos culturais cos que conta Galiza, e deste modo, chegar á sociedade en xeral, dunha maneira clara e efectiva, favorecendo o desenvolvemento e a profesionalización dun mercado cada vez máis coherente cos tempos nos que vivimos.

Comunicación

Proporcionar ao público unha oferta de calidade, novedosa e interesante é posible. O momento é o propicio para que o potencial que está emerxendo no panorama musical galego, teña o lugar que se merece na nosa sociedade.

En Abada pretendemos sacar todo o xugo aos novos sistemas de comunicación e aos xa consolidados. Por medio dunha coidada xestión dos recursos dos que dispoñemos, tecemos redes de distribución óptimas para o valioso material que representamos e promocionamos.

O noso afán é o de chegar a calquera lugar ou persoa que mostre un interese polas nosas músicas e abrir as vías precisas para ofrecerlla de forma directa e nas condicións máis propicias para disfrutala en toda a súa plenitude.

Produción de Eventos

Con profesionalidade, respeito e personalización, Abada media directamente entre as entidades demandantes e a múltiple oferta espectacular existente hoxe en día en Galiza.

O noso fin é elevar a calidade do servizo e equiparala ás expectativas dos nosos clientes, mellorando día a día e ofrecendo espectáculos que entusiasmen e emocionen tanto a propios como a visitantes, mostrando o verdadeiro potencial que existe na Galiza.