[2010-08-31]
Nordestin@s ao vivo no Porriño
Nordestin@s empeza este sábado unha xira pola provincia de Pontevedra, fiando cunchas das rías baixas entre a súa música norteña.
Guadi Galego e
Ugia Pedreira, vestidas polo deseñador Gonzalo Vázquez, de cunchas de ameixas e mexilóns das rías, entre cristais de Swaroski, están "arroupadas" neste proxecto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o pianista
Abe Rábade.
Esta primeira cita é o sábado 4, ás 21h, no Auditorio Municipal do Porriño.